Token non-funxible

From Steem Center
Jump to: navigation, search

Un Token non-funxible (TNF) é un tipo especial de token criptográfico que representa algo único; os tokens non funxibles non son intercambiables. En contraste, as criptomoedas como o STEEM, e moitas outras criptomoedas, son funxibles e intercambiables, xa que entre un STEEM e outro STEEM non existe ningunha diferencia.

Aplicacións

Os Tokens non-funxibles empreganse para crear unha escasez dixital verificable e en diversas aplicacións específicas que requiren unha seña de identidade dixital única como os cripto-coleccionables ou os cripto-xogos. Algúns xogos populares na Cadea de bloques como os Criptokitties fan uso dos TNF na cadea de bloques Ethereum[1]

Elementos de Xogo / Cromos

Os TNF usanse como representación de elementos do xogo, os cais están baixo o control e propiedade da usuaria en troques de na do desenvolvedor do xogo.[2]

Arte Dixital

Os Tokens non-funxibles tamén atopan uso na arte dixital, axudando a probar a autenticidade e a propiedade. [3]

Venda de Entradas e Reservas

Outra aplicación dos Tokens non-funxibles está na venda de entradas e reservas. Unha solución baseada en protocolo da Cadea de Bloques eliminaría a opacidade do mercado, os custos de transacción engadidos por as operadoras, as reventas e a falla de transparencia en xeral de este sector.[4]. Existen diversas iniciativas baseadas en este suposto como Aventus, Blocsidw, Get. amicorumlive, Eticket4, Blocktix, Hellosugoi, [Blockets]], Espass, Tickcetchain, Eventchain, Upgraded Inc ou Crypto Tickets[5].; todos eles correndo sobre a Cadea de Bloques de Ethereum.

Implementación

Counterparty

A Counterparty habilitou a primeira xeración de Tokens non-funxibles baseados en coleccións como Rare Pepe e Spells of Genesis. A experiencia para o usuario das primeiras xeracións de coleccións dixitais eran malas, o que probablemente impediu que tiveran unha acollida mais ampla. Unha usuaria de bitcoin que desexaba mercar un Rare Pepe debía mercar unha nova criptomoeda nunha plataforma diferente diseñada especificamente para un tipo de activo non funxible. Non existía interacción da usuaria nin protocolos definidos para estas coleccións de primeira xeración e tampouco existía moito código para permitir o xogo nin outras experiencias con dApps na cadea de bloques.[6]

EOS

EOS ten proposto como protocolo para os Tokens non-funxibles na cadea de bloques EOS o eosio.nft[7]

Ethereum

ERC-721

A comunidade Ethereum optou por o modelo de protocolo ERC-721[8][9] como o seu standard para os Tokens non-funxibles. ERC-271 establece un conxunto estándar de atributos e funcións en forma de contrato intelixente que se debe cumprir un obxecto dixital para ser xestionado, posuído e comercializado[10]. Proxectos como o de CryptoKitties, CryptoPunks,[9] e Decentraland[11] siguen o protocolo ERC-721 para os seus TNF.

ERC-875

É un novo proxecto de protocolo que permite a transferencia de Tokens non funxibles en lotes e contén métodos para resolver pedidos de forma barata pero igual de segura e descentralizada. Os tokens almacénanse en matrices e poden ser transferidos en múltiplos especificando cada índice de token. Isto resulta en aforro e unha menor carga de transacción na rede xa que pode mover moitos tokens nun só paquete de transaccións.[12]

NEO

A creación do protocolo (ERC-721) na [Cadea de Bloques] de [[Ethereum] fixo que outros proxectos de [Cadea de Bloques] como NEO escomenzara o desenvolvemento do seu propio protocolo de estandarización para Tokens non-funxibles.[13][14]

Steemit

SteemMonsters

Aínda que a Cadea de Bloques de Steem non soporta a construción de [Contratos Intelixentes] personalizados como si fan outras cadeas de bloques, non é posible construír un xogo ou dApp directamente na Cadea de Bloques de un xeito completamente descentralizado, resultou posible incluír Steem Monsters, un xogo e o tempo crypto-coleccionable, usando a cadea de bloques de Steem para rexistrar todo o que se produce no xogo de forma descentralizada e inmutable e permitir aos xogadores autorizar accións utilizando as súa chave privada de publicación. Este proceso realizase mediante transaccións entre o "usuario" @xogo e a persoa xogadora por medio de JSON personalizados[15]. Isto permite unha transparencia total, a verdadeira propiedade dixital de activos e que o "estado" completo do xogo se rexistre permanentemente e de xeito inmutable.[16]

Crecemento e principais recursos

Os Tokens non-Funxibles acadaron popularidade en canto os CryptoKitties fixeronse fenómeno [viral]][17][18] e acadou os $12.5 millóns de investimento.[19]
Rarrebits, un sitio de compra-venta e intercambio de Tokens non-funxibles acadou os 6 millóns en investimento.[20]; asimesmo Gamedex, unha plataforma para xogos de cartas para TNF acadou $800,000 na campaña inicial de captación de fondos. [21]

Referencias

  1. The ethereum world is now obsessed with breeding cartoon cats Acceso 2018-08-01
  2. CryptoKitties shows everything can — and will — be tokenized|2017-12-04 Acceso 2018-08-7]
  3. Art World Needs Blockchain – Irish Tech News Data de Acceso: 2018-08-07
  4. Tari Labs/Tari University Data de Acceso 2018-08-08
  5. Tari Labs/Tari University Data de Acceso 2018-08-08
  6. Digital Collectibles: A New Category of Tokens Emerging Data de acceso: 2018-08-08
  7. Github EOSIO.nft Data de Acceso 2018-08-08
  8. Ethereum/EIPs Data de Acceso 2018-08-02
  9. 9.0 9.1 Crypto Collectables? Ethereum's Next Killer App Is on Its Way - CoinDesk|data=2017-12-15 Data de Acceso 2018-08-7
  10. An Overview of Non-fungible Tokens Data de Acceso 2018-08-08
  11. Decentraland as a Playground for Crypto-CollectiblesData de acceso: 2018-08-07
  12. ERC875, a new standard for non fungible tokens and cheap atomic swaps Acceso: 2018-08-08
  13. Crypto Collectibles: Ethereum Leads, NEO and TRON Hurry to Join Data de Acceso 2018-08-07
  14. Trinity developing Non Fungible Tokens (NFT) standard Data Acceso: 2018-08-08
  15. Conversa Yabatmapp Vs Lukestokes arredor das transaccións en Steem Monsters.2018-Xuño Consultado 2048-08-08
  16. Steem Monsters Tech Talk - Steem Blockchain Integration por @yabapmatt Consultado 2018-08-08
  17. CryptoKitties is jamming up the ethereum network Data de acceso:2018-08-10
  18. Mania Overwhelms Ethereum Network's Processing Data de Acceso 2018-08-10
  19. CryptoKitties raises $12M from Andreessen Horowitz and Union Square Ventures Data de Acceso:2018-08-07}}
  20. Crypto-collectibles and Kitties marketplace Rare Bits raises $6M Data de Acceso:2018-05-07]
  21. Blockchain startup Gamedex raises $0.8 million seed round to build platform for digital collectible card games like Pokemon Data de Acceso: 2018-08-07

Ligazóns Externas